Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Galaxia e Xerais publican a primeira antoloxía da literatura galega en inglés

miércoles, 26 mayo 2010

Noticia:Galaxia e Xerais publican a primeira antoloxía da literatura galega en inglés

 As editorias galegas Edicións Xerais de Galicia e Editorial Galaxia publican a primeira antoloxía da literatura agalega en inglés. O proxecto ten como protagonista, amais das dúas editoras, a Jonathan Dunne.

O tradutor explica que esta antoloxía supón «unha visión da historia da literatura galega feita dende dentro». Neste sentido, o editor e tradutor explica que esta obra «sitúa ao lector xeral no contexto da cultura galega. Están todos os grandes nomes, as grandes obras». Sinala que, con todo, sería necesario un segundo volume que, coas mesmas características, contase a contemporaneidade das letras en Galicia. «Esta antoloxía deixa ao lector nas portas da contemporaneidade», sinala antes de engadir que nun volume «entre 1981 e 2011 xa podemos prestar atención aos autores contemporáneos, que serán de moito interese para os editores estranxeiros». O editor inglés apunta que a difusión do galego no mundo anglosaxón estivo moi centrada no universitario e apunta outra necesidade: «Fíxose moi pouco para promocionar a cultura galega no ámbito anglófono. Os autores galegos non son coñecidos fóra do ámbito hispánico, agás excepcións, como Manuel Rivas».

Fonte: La Voz de Galicia

Maís información

Outras informacións relacionadas


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Con el patrocinio de:
Cedro


¿Olvidó su contraseña?