jueves, 22 abril 2010
Ferrol inaugurou onte mesmo, no Cantón de Molíns, o calendario das feiras do libro de Galicia coa apertura da 21.ª edición deste encontro anual do libro cos lectores. A estrea ferrolá coincidiu coa presentación en Santiago das dez celebracións programadas en toda Galicia ata finais de agosto por parte do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e do presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, e a sinatura entre ambas entidades, responsables da organización das feiras, dun convenio polo que a consellería inviste 36.000 euros para as actividades paralelas.
O programa destas «celebracións culturais de primeiro nivel», como as definiu Roberto Varela, non ofrece novidades sobre o das últimas edicións destes encontros, que se desenvolven dende hai 39 anos promovidas pola Federación de Libreiros de Galicia, e dende hai uns anos coa dirección e o patrocinio da Consellería de Cultura.
As dez citas noutras tantas cidades e vilas de Galicia montaranse nunha estrutura de 3.500 metros cadrados de exposición e venda de libros en casetas e coa carpa para as actividades culturais, que ocupa case a metade do espazo. Hai un programa específico para cada certame, pero a oferta no seu conxunto inclúe espectáculos de maxia e sesións de contacontos, recitais poéticos e obradoiros de ilustración, de marcapáxinas e de gardalibros, así como de teatro infantil. As representacións teatrais, monólogos de humor e concertos de música clásica completan o variado programa, dirixido a un público heteroxéneo en idades e intereses.
Fonte: La Voz de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.