jueves, 22 abril 2010
Aínda que hoxe se inaugura oficialmente a 36ª edición da Feira do Libro de Bos Aires, durante os pasados días percorreron os pabillóns do recinto feiral de La Rural numerosos profesionais do sector interesados no que se expón nos stands e no establecemento de contactos comerciais. Precisamente, o expositor galego atópase no centro do recinto feiral, no pavillón amarelo, xunto ao stand da feira do libro de Fránkfurt e do gremio dese país. É este un lugar estratéxico para a visibilización dos libros expostos procedentes de 21 editoriais pertencentes á Asociación Galega de Editores. Ademais, participan no evento cultural con stand propio as empresas Kalandraka Editora e Ideaspropias Editorial.
Trala inauguración oficial da Feira que terá lugar hoxe, a xornada de mañá,día 23, festividade do Día do Libro, encherá de público o stand galego xa que acollerá a sinatura de libros por parte dos escritores Benigno Campos, autor de A cociña dos Larpeiros (Ed. Galaxia), e Xosé Carlos Caneiro, autor, entre outras moitas obras, de Un xogo de apócrifos (Ed. Xerais). Tamén colaborará nas activiades culturais a escritora María do Cebreiro Rábade, traballa en Bos Aires para a Universidade de Santiago. Outro dos momentos máis intensos da axenda cultural será o faladoiro cos lectores galegos da capital arxentina que terá lugar o día 24 no emblemático Café Tortoni, en cuxas vitrinas poden verse textos e obras de autores galegos. Nesta actividade participará tamén a xornalista galego-arxentina Débora Campos.
O recinto feiral tamén acolleu a presentación do libro "Catro historias de emigrantes", de Manuel Losa, libreiro galego propietario dunha libraría en Montevideo onde se poden atopar libros galegos e autor do blog da emigración chamado El rincón gallego.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.