miércoles, 03 febrero 2010
Dende esta mesma semana, algunhas das principais librarías de Galicia amosarán no seu escaparate e nos mostradores os cartaces e dípticos editados pola AGE para promocionar as obras gañadoras na pasada V Noite da Edición de Galicia 2009. Os traballos gañadores, nas súas diversas categorías, foron: Premio Ánxel Casal ao libro de ficción para Sidecar, de Alberto Lema (Editorial Galaxia); Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción, para Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais de Galicia); Premio Ánxel Casal ao libro de poesía ou teatro, para Ciclo de Xúpiter, de Millán Picouto (Ediciones Linteo); Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil, para A araña e máis eu, de Fran Alonso (Kalandraka editora); Premio Lois Tobío ao libro traducido para Contos Completos de Edgar Allan Poe, I e II; por Eva Almazán (Editorial Galaxia); Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado, para A grande viaxe, de Gabriel Pacheco (OQO Editora); Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa do ámbito editorial para Fotobiografías sonoras (Ouvirmos).
Os premios da edición galega foron fallados nunha gala celebrada en Ourense o 19 de decembro de 2009. Con eles, a Asociación Galega de Editores quixo recoñecer a excelencia do traballo no sector editorial, así como o labor das persoas ou entidades que se distinguen polas súa acción a favor do libro ou da lectura. O xurado estivo composto polos propios editores-as galegos-as, nunha primeira fase, e polas seguintes personalidades do ámbito da cultura, na segunda fase: Elvira Riveiro (escritora), Kiko da Silva (ilustrador), Xavier Senín (tradutor), María Jesús Fernández (critica), Xavier Paz (libreiro), Manuel Ramos (editor), Anxos Sumai (escritora), Alfonso García Sanmartin (editor).
Librarías que colaboran na campaña:
LIBRERÍA BAHIA AVDA. MARIÑA, 40 Foz
LIBRERÍA BRAÑAS GRAN VIA, 79 Carballo
LIBRERÍA FOLLAS NOVAS MONTERO RIOS, 37 Santiago de Compostela
LIBRERÍA LIBROURO EDUARDO IGLESIAS, 12 VIGO
LIBRERÍA MICHELENA MICHELENA, 22 PONTEVEDRA
LIBRERÍA NÓS PRAZA DO LIBRO, 1 A CORUÑA
LIBRERÍA QUEIXUMES DR. FLEMING, 14 OURENSE
LIBRERÍA SEMENTEIRA MONTERO RIOS, 2 Noia
LIBRERÍA XIADA AVDA. FINISTERRE, 78 B A CORUÑA
LIBRERÍA PEDREIRA RUA DO HOME SANTO, 55 Santiago de Compostela
LIBRERÍA CARTABÓN URZAIZ, 125 VIGO
LIBRERÍA CUNQUEIRO RUA DOS FERREIROS, 2 - BAIXO Pontedeume
LIBRERÍA PADRE FEIJOO PADRE FEIJOO, 4 OURENSE
LIBRARÍA COUCEIRO PRAZA DE CERVANTES, 6 Santiago de Compostela
LIBRARÍA COUCEIRO PRAZA DO LIBRO, 12 A CORUÑA
LIBRARÍA COUCEIRO RONDA DE OUTEIRO, 132 A CORUÑA
LIBRARÍA COUCEIRO RONDA DE OUTEIRO, 248 A CORUÑA
LIVRARÍA TORGA RUA DA PAZ, 16 OURENSE
LIBRERÍA ABRAXAS MONTERO RIOS, 50 Santiago de Compostela
LIBRERÍA MAINOMEN AVDA. PEREGRINA, 15 - BAIXO Bertamiráns
LIBRERÍA SALESIANA BARRIE DE LA MAZA, 11 A CORUÑA
LIBRERÍA SAR PLAZA DE MACIAS, 5 Padrón
LIBRERÍA FONSECA AVDA. ROSALIA DE CASTRO, 65 Santiago de Compostela
LIBRERÍA MIL FOLLAS RUA DOS CARBALLOS, 10 Ponteareas
LER LIBRERÍAS RUA ROSALÍA DE CASTRO, 32 Santa Comba
LIBRERÍA TANCO CARDENAL QUEVEDO, 22 OURENSE
CENTRAL LIBRERA C.B. DOLORES, 2 Ferrol
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.