viernes, 29 enero 2010
"Trátase dunha obra científica e rigorosa que pode ser analizada desde distintas perspectivas; única no mundo en canto que achega unha clasificación endóxena dos instrumentos que responde a nosa especificidade e ambiciosa xa que auna os criterios científicos cos divulgativos, a metodoloxía e a estética", sinalou o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, na presentación do volume que este mércores tivo lugar na Reitoría da USC en Santiago de Compostela e na que tamén tomaron parte o autor, Pablo Carpintero, os vicerreitores de Cultura da USC, Elvira Fidalgo e de Cultura e Comunicación da UDC, Luis Caparrós, e o director da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, Xavier Paz.
Con debuxos de Xosé Ramón Marín Martínez, un dos máis renomeados debuxantes etnográficos de Galicia, é na actualidade membro do Orfeón Treixadura e percusionista do Grupo de música antiga Resonet, desenvolvido ao abeiro do Proxecto universitario galego Ronsel para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial conta cun estudiadísimo e excelente deseño por pate do estudio ourensán disigna edenia.
O autor Pablo Carpintero, é doutor en Ciencias pola USC, onde foi profesor de Bioquímica. Actualmente realiza un segundo doutoramento no Departamento de Historia da Arte da mesma Universidade sobre a gaita de fol, ademais de traballar no Proxecto Ronsel. Para a realización deste volume adicou dezaseis anos de investigación, cun extenso traballo de campo realizado por toda Galicia e o norte de Portugal, estendéndose ademais a áreas de lingua e cultura galegas como a zona do Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas de Zamora e San Martín de Trebello (Cáceres)...
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.