Asociación Galega de Editores

Manuel Losa publica en Galaxia un retrato sobre os galegos de Montevideo

jueves, 24 junio 2010

Noticia:Manuel Losa publica en Galaxia un retrato sobre os galegos de Montevideo

A libraría Couceiro de Santiago acolleu onte a presentación de A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal 1897-1985, un retrato profundo da vida do galeguista e Fillo Predilecto do Pino, Xesús Canabal.

Manuel Losa é o autor desta publicación -froito de moitas horas de conversas coas fillas de Canabal- onde fai fincapé na estreita relación que mantiña con Castelao. No acto -ao que asistiu a concelleira de Cultura do Pino, María Xosé Gómez, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema-, Manuel Losa salientou a importancia de lembrar figuras coma esta, xa que "as accións do pasado axudan ao futuro".

Fonte: Blog de Galaxia

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Con el patrocinio de:
Cedro


¿Olvidó su contraseña?