miércoles, 23 junio 2010
O Foro "Cultura e mercado", terceiro dos cinco "Foros de reflexión estratéxica sobre a cultura galega", organizados polo Consello da Cultura Galega e coordinado por Francisco Campos (Universidade de Snatiago) contou onte cos relatorios de Victoria Ateca (Universidade do País Vasco) e Pau Rausell (Universidade de Valencia).
Victoria Ateca aludiu á importancia do estudio do impacto económico da cultura e ás dificultades para a necesaria armonización dos criterios a aplicar. Falou do impacto da innovación tecnolóxica e os cambios que conleva: a cada vez maior interacción, a conectividade e a converxencia, derivada das alternativas aos modos tradicionais de consumo. Aludiu á centralidade da experiencia cultural, marcada pola ampliación das audiencias,a profundización dos compromisos e a diversificaciòn en novos públicos. "Pasamos dos procesos orientados ao produto a outros que teñen especialmente en conta aos participantes-consumidores cos seus hábitos modificados a causa do impacto da aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación e da implantación da sociedade do coñecemento, na que xogan un papel determinante os contidos culturais".
Democratización e creación
Pau Rausell referiuse á necesidade de cambiar as políticas culturais para facelas máis eficaces e eficientes e describiu o sector cultural como emerxente, de amplo espectro e altamente produtivo, pero intensamente afectado polas transformacións tecnolóxicas "esa circunstancia converte en volátiles os entornos e multiplica a competitividade e os competidores, o que obriga a ter moi en conta o que levan a cabo os demais". Nise entorno outro dos condicionantes deriva do feito da caída dos costes de creación, produción e fabricación cultural, en directa relación coa dixitalización e con Internet, orixe dunha democratización da creación cultural.
Oportunidades
No documento elaborado con anterioridade sobre as industrias culturais en Galicia, logo das respostas a unha enquisa previa, aparecen seis oportunidades a considerar. Están relacionadas coa multiplicaciòn das posibilidades de produción e aceso á cultura da man da sociedade da información e das TIC como potencialidade para prolmocionar a produción cultural galega e os cambios nas formas de consumo cultural. Aluden asemade á conciencia do peso económico da cultura e do seu valor para o desenvolvemento e á nova centralidade da cultura como fornecedora de contidos na sociedade do coñecemento. Falan por último da fusión das caixas de aforro "como oportunidade para aproveitar mellor o seu valor no sistema cultural e na sociedade galega".
Documentos relacionados:
0.10MbCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.