viernes, 18 junio 2010
O Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, LITVI 2010, contará coa presenza de 17 editoras socias da AGE que amosarán as súas publicacións nos expositores e vitrinas sitos na Alameda compostela do 20 ao 27 de xuño. Por unha banda, algunhas casas terán un espazo propio na Feira, xa sexa en vitrina ou cun stand propio, é o caso de Alvarellos, A Nosa Terra, Everest, Galaxia, Hércules, Xerais e El Patito editorial. Por outra banda, a AGE disporá dunha vitirna acristalada na que se exhibirán as obras seleccionadas de dez editoriais: Ir Indo, Ouvirmos, Rinoceronte, Nigra Trea, Baía, Cumio, Tambre, 3C3, Faktoría K e Toxosoutos.
Os lectores e interesados mesturaranse con escritores, libreiros, xornalistas, editores, axentes literarios, críticos e, en xeral, cos distintos profesionais do sector. Así, o programa de actividades conta coa presenza de 60 participantes, aos que hai que engadir os empregados das distintas librarías e editoras con presenza na Feira do Libro de Viaxes, que terá lugar na Alameda de Santiago.
Programa variado
O LITVI é, deste xeito, unha oportunidade para todos os afeccionados á literatura de viaxes: os usuarios de guías e manuais, os seguidores de novelas ou descricións de paraxes remotos, os estudosos do fenómeno ou os que, sinxelamente, gustan de viaxar coa imaxinación ou ollar fotografías para descubriren novos lugares...
O programa está formado por "Autores no Camiño", encontro na ruta xacobea francesa dun grupo de escritores e xornalistas; os cafés con autores para lectores; o Congreso LITVI 2010 "As Literaturas do Camiño"; o menú de conferencias, debates e mesas redondas; as sinaturas e presentacións de libros; a Feira do Libro de Viaxes; e as actividades de animación que terán lugar na Alameda.
O Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, LITVI 2010, conta co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo e está dentro da programación do Xacobeo 2010. O seu portal web é litvi.xacobeo.es
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.