lunes, 31 mayo 2010
Durante a primeira semana do vindeiro mes de xuño, a escritora e catedrática de Lingua e Literatura galegas no IES de Cacheiras (Teo), Esperanza Mariño Davila, impartirá un ciclo de conferencias sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra (Letras Galegas, 2010), a varias asociacións galegas en Suíza, por iniciativa da Federación de Sociedades Galegas en Suíza, dirixida por Pedro Hombre (presidente) e Cristina Pena (secretaria).
O programa a desenvolver é o seguinte:
-Día 3 de xuño: Centro Galego de Zug e Promoción da Cultura de Zürich.
-Día 4: Asociación Lucerna.
-Día 5: Centro Galego de Lucerna.
-Día 6: Centro Galicia de Olten e Irmandade Galega de Xenebra.
En todos estes actos a profesora Esperanza Mariño vailles entregar para as bibliotecas destas sociedades de emigrantes Galegos en Suíza exemplares do "Dicionario"Uxío Novoneyra, editado por tresCtres Editores, 3C3, do que é autora.
Esta será a segunda ocasión na que esta escritora se desprazará a Suíza para impartir un ciclo de conferencias sobre o personaxe homenaxeado no Día das Letras Galegas. En 2007 faloulles a diversas sociedades de emigrantes galegos no país helvético sobre a figura María Mariño, deixando alá exemplares doutra obra da súa autoría: o "Dicionario"María Mariño, tamén editado por 3C3.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.