+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editoresgalegos.org

Rinoceronte Editora

Rinoceronte Editora é a primeira editorial especializada na publicación de obras traducidas ao galego. Naceu en Cangas do Morrazo no ano 2005 coa intención de importar para a nosa lingua literatura estranxeira, fundamentalmente recente, e en especial de ámbitos culturais e lingüísticos inéditos en galego.

Na nosa selección de títulos tratamos de cubrir dúas vertentes: apostar por autores de calidade, aínda descoñecidos no noso contexto literario e cultural; e ofrecer obras de autores recoñecidos, recentes ou inéditos en galego.

Buscamos amosar un panorama amplo da literatura que se publica en diferentes puntos do planeta, dentro das nosas posibilidades, filias e fobias. No noso catálogo atoparás as primeiras traducións literarias publicadas en galego dende o húngaro, o xaponés ou o árabe.

Ano fundación: 2005

Cargo directivo:  Moisés Barcia Rodríguez

Tradución de literatura internacional ao galego (selo Rinoceronte Editora). Tradución de narrativa galega actual a outros idiomas (selo Pulp Books). Literatura infantil e xuvenil (selo Sushi Books).
Poesía, muller, outras voces (selo Barbantesa).
Libros en galego (Edicións Morgante).

Coleccións:

Rinoceronte Editora: Vétera, Nova, Novela Gráfica, Contemporánea, Clásica e Poesía.

Pulp Books

Sushi Books: Álbum, Intermedio, Avanzado

Morgante: Mudanzas, Sen Colección, Cerdedo in the Voyager

Barbantesa

Prefixos do isbn:

978-84-92866, 936413, 936101, 935375, 934801 (Rinoceronte)

978-84-15920, 16884 (Sushi Books)

978-84-15992, 938577, 938576 (Pulp Books)

978-84-15166, 937816, 936460 (Morgante Edicións)

978-84-945501, 940302, 938859, 937330 (Edicións Barbantesa)

Distribuidores:

Arnoia (Rinoceronte e Morgante) e UDL libros (Sushi Books e Pulp Books)

 

Contacto:

Avenida de Vigo, 103, galerías

36940 – Cangas do Morrazo

info@rinoceronte.gal

+34 986 168 028

+34 986 168 029

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imáxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close