+34 609 83 15 11 :: s.tecnica@editoresgalegos.org

Galaxia

Galaxia

O 25 de xullo de 1950 celebrouse en Santiago de Compostela a asemblea fundacional da Editorial Galaxia, presidida por don Ramón Otero Pedrayo, patriarca das Letras Galegas. Galaxia naceu como unha plataforma de actuación cultural a prol da lingua e da cultura de Galicia nun período certamente difícil: os anos da dictadura franquista. A resistencia galeguista deseñou daquela un programa de acción cultural, tamén de acción política, que deu os seus froitos sobre todo nas seguintes xeracións. Máis de medio século despois, os seus catálogos son referencia obrigada do libro e da creación galega do noso tempo.

Os grandes clásicos están en Galaxia: Alfonso R. Castelao, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco… Algúns dos seus fundadores e directores constitúen un patrimonio fundamental das nosas letras contemporáneas: Carlos Casares, Domingo García Sabell, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego… Con eles conviven os autores máis novos: Manuel Rivas, Anxos Sumai, Bieito Iglesias, Antón Riveiro Coello, Xesús Constela, Yolanda Castaño, Miguel Anxo Murado, Fina Casalderrey…

A oferta de Galaxia ten carácter xeral, como corresponde a unha editora que, fiel aos seus principios fundamentais, intenta en todo momento manter activo o proceso de modernización da sociedade lectora, incorporando temas, asuntos e xéneros, novas propostas e novas liñas de traballo e investigación. O seu proxecto, renovado cada día, concrétase en coleccións de clásicos, traducións de grandes autores da literatura universal -clásica e contemporánea-, poesía, ensaio, guías de lecer e do medio, literatura infantil e xuvenil, reportaxe…, e atinxe dende a creación literaria e o pensamento á didáctica e os materiais de referencia escolar: manuais, dicionarios, libros de texto, etc.

Máis de dous mil títulos avalan un catálogo que se renova constantemente. Dende 1963 edita trimestralmente a revistaGrial: Revista galega de cultura, que se distribúe, a maiores, nos principais centros de estudo da literatura galega e mantén intercambios coas universidades máis destacadas do mundo.

 

Datos de Interese

  • Ano fundación: 1950
  • Cargos directivos:
    • Director xeral: Francisco Castro
    • Director de Edicións: Carlos Lema
    • Director de Produción e Merlín Comunicación: Xosé M. Soutullo
    • Director Comercial: Xulio Amigo
  • Liña editorial: Dende a súa creación en 1950 é referencia obrigada do libro e da creación galega. A súa oferta ten carácter xeneralista, abarca desde a novela, a poesía, o ensaio e a investigación, ata manuais universitarios e material didáctico. Desde 1963 edita a revista galega de cultura Grial. Nos últimos tempos abriu unha liña dedicada a novas linguaxes, con material audiovisual, exposicións, e xornais gratuítos: Merlín Comunicación.
  • Coleccións:
    • Literatura e Ensaio: Literaria. Biblioteca Compostela. Bilbiotecas de Autor. Antoloxías. Clásicos Universais. Continental. Dombate. Ensaio. Illa Nova. Letras Galegas. Memoria. Guías. Reportaxe.
    • Infantil: Espazos. Pimpín por aquí non vin. Árbore. Os Duros. Tartaruga. O ciclo da vida. O tren azul. ¡Que corpo! Un día en …, Árbore Arte. Audiocontos. Sonárbore. Álbumes. Musicontos.
    • Xuvenil: Lendas. Sete mares. Costa Oeste. Biblioteca Agatha Christie. Biblioteca Sherlock Holmes. Harry Potter.
    • Dicionarios e Manuais: Dicionarios. Literaria Ensino. Manuais. Proxecto Século 21. Libro de texto.
    • Revistas: Grial. Anuario de Estudos Literarios Galegos. Revista Económica de Galicia.
  • Títulos do catálogo: 1360 títulos (ata decembro de 2010)
  • Prefixos do isbn: 7154, 8288, 986
  • Linguas nas que edita: Galego.
  • Distribuidores: Editorial Galaxia conta con distribuidora propia que ademais do seu propio fondo distribúe cerca de 100 selos editoriais en lingua galega e outras linguas. A distribución faise dende a sede comercial:
    Travesía de Vigo 71, soto, 36206 Vigo.
    Teléfono: 986 265 144

Contacto:

Avenida de Madrid, 44

36204, Vigo

Teléfono: 986 43 21 00-Fax: 986 22 32 05

galaxia@editorialgalaxia.com

www.editorialgalaxia.gal

AGE Asociación Galega de Editoras
Formulario de Inscripción para Editoriais

Nome da editorial*

Enderezo da editorial*

Teléfono*

Web

Ano da Fundación*

Cargos directivos*

Liña Editorial*

Coleccións*

Títulos do catálogo*

Prefixos ISBN*

Distribuidores*

Conta bancaria para os cobros dos recibos trimestrais*

Presentación da editorial e declaración de intencións*

Imáxe/Logotipo (jpg o png. 1mb max.)

Send

Ó continuar navegando, está de acordo co uso das nosas cookies. máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close